As Pléiades fondas e poeirentas


Créditos da imaxe e copyright: Juan Carlos Casado (TWAN, Earth & Stars), Miquel Serra-Ricart e Daniel Padrón, FECYT

Explicación: o ben coñecido cúmulo estelar das Pléiades está a destruír paseniñamente parte dunha nube de gas e po que atravesan. As Pléiades é o cúmulo aberto de estrelas máis brillante do ceo da Terra e pode verse desde case calquera lugar setentrional a simple vista. Pénsase que a nube de po xove que atravesan forma parte do Cinto de Gould, un estraño anel de formación de estrelas novas que arrodea ao Sol na galaxia da Vía Láctea local. Durante os últimos 100 000 anos, parte do Cinto de Gould esta a moverse casualmente ao través das máis vellas Pléiades e provocando unha forte reacción entre estrelas e po. A presión da luz das estrelas repele considerablemente o po da nebulosa de reflexión azul que a rodea, con partículas máis pequenas de po que están a ser rexeitadas máis intensamente. Un resultado a curto prazo é que partes da nube de po se fixeron filamentarias e estratificadas. A fonda imaxe publicada tamén captou ao cometa C/2015 ER61 (PanSTARRS) na parte inferior esquerda.

Xa tes o teu Ceos Galegos – calendario astronómico 2018?

Deixar unha resposta