O cometa Machholz achégase ao Sol


Crédito da imaxe: NASA, SOHO, LASCO, Barbara Thompson (NASA’s GSFC)
Explicación: por que está o cometa Maccholz diminuíndo tanto os seus compostos de carbono? A fama orixinal do cometa 96P/Machholz deriva de que está máis preto do Sol que calquera outro cometa de periodo curto (á metade de distancia ca Mercurio) e faino cada cinco anos. Para comprender mellor a este estraño cometa, a sonda espacial SOHO da NASA que está a vixilar ao Sol seguiu ao cometa durante o seu último achegamento de outubro. A composición de imaxes publicada amosa ao cometa, coa cola salientada, pasando máis alá do Sol. A brillante superficie solar está agochada da vista por tras dunha tampa escura, aínda que poden verse partes da extensa coron do Sol. As estrelas veciñas puntean o fondo. Unha hipótese afirma que estes achegamentos solares tan próximos dalgún xeito fan que o cometa Machholz perda o seu carbono, mentres que outra hipótese suxire que o cometa adquiriu esta composición lonxe; incluso posiblemente noutro sistema solar.