Primeiro plano de NGC 1055


Créditos da imaxe e copyright: procesado – Robert Gendler, Roberto Colombari
Datos – European Southern Observatory, Subaru Telescope (NAOJ), et al.
Explicación: a gran e fermosa galaxia espiral NGC 1055 é o membro dominante dun pequeno grupo galáctico a só 60 millóns de anos luz de distancia cara a constelación Cetus, que intimida acuaticamente. Vista de canto, o universo illa abarca uns 100 000 anos luz, un pouco máis grande cá nosa propia Vía Láctea. As estrelas coloridas neste primeiro plano cósmico de NGC 1055 están por diante, ben dentro da Vía Láctea. Pero as rexións de formación estelar co seu desvelador rosa espállanse polo amplos corredores de po ao longo do fino disco da afastada galaxia. A fonda imaxe, cunhas migallas de galaxias no fondo aínda máis afastadas, tamén desvela un halo cadrado que se estende ben lonxe por riba e por baixo do bulbo central e o disco de NGC 1055. O propio halo está amalloado con estruturas febles e estreitas, puidendo representar os refugallos estricados e mesturados procedentes dunha galaxia satélite perturbada pola gran espiral hai uns 10 mil millóns de anos.