NGC 2261: a nebulosa variable do Hubble


Créditos da imaxe: Hubble, NASA, ESA; Datos: Mark Clampin (NASA’s GSFC); Procesado e licenza: Judy Schmidt
Explicación: que fai variar á nebulosa Variable de Hubble? A estraña nebulosa presentada aquí muda a súa aparencia de xeito notable en só unhas poucas semanas. Descuberta hai uns 200 anos e por tanto catalogada coma NGC 2661, a destacada nebulosa recibe o seu nome de Edwin Hubble, quen a estudou a comezos do século pasado. early last century. Quizais axeitadamente, a imaxe publicada foi tirada por outro homónimo de Hubble: o Telescopio Espacial. A nebulosa Variable de Hubble é unha rnebulosa de reflexión feita de gas e po que se esparexe desde a estrela R Monocerotis. A feble nebulosa ten máis ou menos un ano luz de diámetro e atópase a uns 2 500 anos luz de distancia cara a constelación do Unicornio (Monocerotis). A explicación favorita para a variabilidade dar nebulosa Variable de Hubble afirma que os nós densos de po opaco pasan preto de R Mon e proxectan sombras en movemento no po reflectante que se ve no resto da nebulosa.

Ciencia aberta: navega por 1 500+ códigos da Biblioteca de Código Fonte de Astrofísica
Xa tes o teu Ceos Galegos – calendario astronómico 2018?