Un ano de lúas cheas


Créditos da imaxe e copyright: Talha Zia
Explicación: son iguais todas as lúas cheas? Pois non. Para ver as lixeiras diferenzas bótalle unha ollada a esta grella de 12 lúas cheas. Desde a parte superior esquerda ata a inferior dereita, as imaxes representan cada lunación desde novembro de 2016 deica outubro, fotografadas desde Pakistán. Os plenilunios consecutivos amósanse todos á mesma escala, tan diferente da famosa ilusión lunar, o cambio no tamaño aparente visto aquí é real. Este cambio é provocado pola variación na distancia lunar debida a que a órbita da Lúa e considerablemente non circular. A marca negra no fondo da lúa chea de agosto de 2017 é a sombra da Terra; provocándolle esta eclipse lunar parcial. Ademais dunha coloración ás veces esaxerada, pode observarse un cambio sutil na aparencia nun examen achegado, cando a Lúa semella abalar lixeiramente dunha lúa chea á seguinte. Este efecto, coñecido coma libración, é máis intenso e sinxelo de ver neste vídeo da lunación que salienta todos os xeitos nos que a Lúa semella mudar durante un mes (moon-th; n.t.; a denominación en inglés de mes, month, alude directamente á lunación ou mes lunar).