NGC 891 fronte a Abell 347

 
Créditos da imaxe e copyright: Laszlo Bagi
Explicación: as galaxias afastadas atópanse ben aló das estrelas con picos da Vía Láctea, en primeito plano, neste campo de vista telescópico. A escena, centrada nunha amarelada estrela HD 14771, abarca aproximadamente un grao do ceo cara a constelación setentrional Andrómeda. Na parte superior dereita está a gran galaxia espiral NGC 891, con 100 anos luz de diámetro e que se ve case exactamente de canto. A uns 30 millóns de anos luz de distancia, NGC 891 parécese unha morea á nosa propia Vía Láctea co seu disco galáctico aplanado e fino. O seu disco mailo bulbo central son cruzados polo medio por nubes escuras de po. Espallados cara a parte inferior esquerda están os membros do cúmulo galáctico Abell 347. A case 240 millóns de anos luz de distancia, Abell 347 fachendea das súas propias galaxias grandes nesta definida imaxe. Son semellantes a NGC 891 en tamaño físico pero se atopan a case 8 veces maior distancia, polo que as galaxia de Abell 347 teñen máis ou menos a octava parte do tamaño aparente de NGC 891.

Xa tes o teu Ceos Galegos – calendario astronómico 2018?