O Apollo 17 no cráter Shorty


Créditos da imaxe: tripulación da Apollo 17, NASA
Explicación: en decembro de 1972, os astronautas da Apollo 17 Eugene Cernan e Harrison Schmitt pasaron unhas 75 horas na Lúa no val Taurus-Littrow, mentres o colega Ronald Evans orbitaba por riba deles. Esta definida imaxe foi tirada por Cernan mentres el e Schmitt deambulaban polo chan do val. A imaxe amosa a Schmitt á esquerda do todoterreo lunar no bordo do cráter Shorty, preto do lugar no que o xeólogo Schmitt descubriu solo lunar laranxa. A tripulación da Apollo 17 trouxo de volta 110 quilogramos de rochas e mostras de solo, máis do que se trouxo de calquera outro lugar de aterraxe lunar. Corenta e cinco anos despois, Cernan e Schmitt son aínda os últimos en camiñar pola Lúa.

Xa tes o teu Ceos Galegos – calendario astronómico 2018?