
Créditos da imaxe e copyright: Stéphane Vetter (Nuits sacrées)Explicación: que demo de planeta é este? O
planeta Terra claro, nunha noite escura e tormentosa de
Hverir, unha
zona xeotermalmente activa ao longo da
paisaxe volcánica do norleste de
Islandia. As
tormentas xeomagnéticas producían unha
exhibición de auroras no ceo nocturno estrelado mentres as pantasmais torres de vapor e gas ceibadas
desde as fumarolas bailaban contra a arrepiante luz verde. Esta noite tamén hai a posibilidade de
tormentas xeomagnéticas desencadeadas pola recente actividade solar, polo que os observadores celestes de latitudes altas deberían ter conta. Poida que tamén as
formas espectrais lles dea por
bailar na túa veciñanza de contado.
Proxecto: Ceos Galegos 2018 – calendario astronómico