De onde viñeron os teus elementos

Créditos da imaxe Licenza: Wikipedia: Cmglee; Datos: Jennifer Johnson (OSU)
Explicación: o hidróxeno do teu corpo, presente en todas as moléculas de auga, procede do Big Bang. Non hai fontes destacadas de hidróxeno no Universo. O carbono do teu corpo creouse por fusión nuclear no interior de estrelas, ao igual que o osíxeno. Gran parte do ferro do teu corpo formouse durante supernovas de estrelas que ocorreron hai moito tempo e moi lonxe. O ouro das túas xoias probablemente se fabricou en estrelas de neutróns durante colisións que as fixeron visibles como estoupidos de raios gama de corta duración ou ondas gravitacionais. Os elementos coma o fósforo mailo cobre están presentes nos nosos corpos só en cantidades pequenas pero son esenciais para o funcionamento de toda a vida coñecida. A táboa periódica dos elementos publicada está codificada en cor para indicar a mellor suposición da humanidade sobre a orixe nuclear de todos os elementos coñecidos. Os lugares de creación nuclear dalgúns elementos, como o cobre, non se coñecen realmente moi ben e seguen sendo materia de investigación observacional e computacional.

Proxecto: Ceos Galegos 2018 – calendario astronómico