M51: a galaxia Remuíño

 
Créditos da imaxe e Copyright: Kerry-Ann Lecky Hepburn (Weather and Sky Photography)
Explicación: busca o Setestrelo e segue o mango cara fóra do carro ata que chegues á última estrela brillante. Entón, só tes que mover o teu telescopio un pouco ao sur e oeste e chegarás onda esta parella espectacular de galaxias en interacción, a entrada número 51 do famoso catálogo de Charles Messier. A galaxia grande coa estrutura espiral ben definida, quizais a nebulosa espiral orixinal, tamén é catalogada coma NGC 5194. Os seus brazos espirais e corredores de po varren claramente por diante da súa galaxia compañeira (ao fondo), NGC 5195. A parella está a uns 31 millóns de anos luz de distancia e atópase oficialmente dentro dos límites angulares da pequena constelación Canes Venatici. Aínda que M51 semella feble e borrosa á simple vista, as imaxes fondas coma esta poden desvelar cores espectaculares e os refugallos de marea débiles ao redor da galaxia máis pequena.

Proxecto: Ceos Galegos 2018 – calendario astronómico