Estrelas e po en Corona Australis

 
Créditos da imaxe e copyright: Eric Coles e Martin Pugh
Explicación: as nubes de po azul e as estrelas novas e potentes habitan esta vista telescópica, a menos de 500 anos luz de distancia cara o límite norte de Corona Australis, a Cruz do Sur. As nubes de po bloquean de xeito efectivo a luz que procede das sestrelas máis afastadas do fonda da propia Vía Láctea. Pero o espectacular complexo de nebulosas de reflexión catalogadas coma NGC 6726, 6727 e IC 4812 produce unha cor azul característica cando a luz procedente das estrelas brillantes e azuis da rexión é reflectida polo po cósmico. O po tamén agocha da vista ás estrelas que saínda están en proceso de formación. Á esquerda, a nebulosa amarelada e máis pequena NGC 6729 bdóbrase ao redor da estrela variable e nova R Coronae Australis. Xusto por baixo dela, hai arcos brillantes e bucles que son batidos polos fluxos que saen das estrelas recén nadas incrustadas que se identifican coma obxectos Herbig-Haro. No ceo, este campo de vista abarca máis ou menos un grao, correspondéndose case a nove nove anos luz á distancia estimada da achegada rexión de formación estelar.