A materia escura nun Universo simulado


Créditos da ilustración e copyright Tom Abel e Ralf Kaehler (KIPAC, SLAC), AMNH
Explicación: está enmeigado o noso universo? Podería parecelo neste mapa de materia escura. A gravidade da materia escura invisible é a explicación máis aceptada de por que as galaxias rotan tan axiña, por qué as galaxias orbitan aos cúmulos tan rápido, por que as lentes gravitatorias dobran tanto a luz e por que a materia visible se distribúe dese xeito tanto no universo local coma no fondo cósmico de microondas. A imaxe publicada polo Planetario Hayden do American Museum of Natural History incluída no espectáculo espacial o Universo Escuro salienta un exemplo de como a xeralizada materia escura podería enfeitizar o noso universo. Neste fotograma procedente dunha detallada simulación informática, os filamentos complexos de materia escura, amosados en negro, se esparexen polo universo coma arañeiras, mentres que os relativamente raros bolborotos da familiar materia bariónica están coloreados de laranxa. Estas simulacións son estatísticas que coinciden ben coas observacións astronómicas. No que parece ser un arrepiante xiro dos acontecementos, a materia escura (aínda que bastante estraña e de forma descoñecida) aínda non é a fonte máis estraña de gravidade no universo. Ese honor acáelle agora á enerxía escura, unha fonte máis uniforme de gravidade repulsiva que semella dominar a expansión de todo o universo..

Non só Samaín: hoxe é o Día da Materia Escura.