Un primeiro plano dunha eclipse solar total en tempo real



Créditos do vídeo e copyright: Jun Ho Oh (KAIST, HuboLab);
Música: Flowing Air por Mattia Vlad Morleo
Explicación: como te sentirías se o Sol desaparecera? Moitos observadores de eclipses por todos os EUA abraiáronse con pasmo do que sentiron e das exclamacións que berraron canto o Sol desapareceu por uns intres por tras da Lúa. Quizais agardaban só un momento curto de solpor, máis o espectáculo da escuridade incribelmente rápida, as abraiantemente brillantes adoas luminosas ao redor do bordo da Lúa, as impactantes prominencias solares rosas e unha estrañamente detallada coroa estricándose polo ceo colleron a moitos por sorpresa. Moitas destas características foron captadas no vídeo publicado de tres minutos, en tempo real, da eclipse solar total do mes pasado. Os fotogramas do vídeo tomáronse en Warm Springs, Oregón, cun equipamento deseñado especificamente por Jun Ho Oh para seguir un primeiro plano da periferio do Sol durante a eclipse. Cando o vídeo remata, o Sol pode verse renacendo pola outra beira da Lúa de onde comezou.