Atlas, Daphnis e Pan


Créditos da imaxe: Cassini Imaging Team, SSI, JPL, ESA, NASA
Explicación: Atlas, Daphnis e Pan son as lúas pequenas e interiores dos aneis de Saturno, amosadas á mesma escala nesta montaxe de imaxes desde a sonda espacial Cassini que orbita Saturno. De feito, Daphnis foi descuberta en imaxes da Cassini de 2005. Atlas e Pan foron albiscadas por primeira vez en fotografías das naves espaciais Voyager 1 e 2. Atlas, con forma de prato voador, orbita preto do bordo máis externo do brillante anel A de Saturno mentres Daphnis orbita por dentro da estreita división Keeler do anel A e Pan dentro da máis grande división Encke do anel A. As curiousas cristas ecuatoriais das pequenas lúas dos aneis poderían ser formadas polo amoreamento de material do anel co tempo. Incluso a diminuta Daphnis provoca ondas no material do anel mentres paira ao longo do bordo da división Keeler.