O triángulo de verán sobre a Gran Muralla

See Explanation. Moving the cursor over the image will bring up an annotated version. Clicking on the image will bring up the highest resolution version available.

Créditos da imaxe e copyright: Steed Yu e NightChina.net
Explicación: algunha vez viches o triángulo de verán? As estrelas brillantes Vega, Deneb e Altair forman un triángulo no ceo que se pode ollar erguéndose na primavera setentrional durante a mañá; e saíndo no outono do norte ao solpor. Durante os meses de verán, o triángulo atópase case no máis alto preto da media noite como as tres estrelas máis brillantes do ceo. Publicado aquí, xunto co arco da franxa central da nosa galaxia Vía Láctea, o asterismo do triángulo de verán foi captado esta primavera sobre a Gran Muralla de China. Esta parte da Gran Muralla, un lugar Patrimonio da Humanidade, foi construída durante o século VI nos montes Yan. No cumio está a torre Wangjinglou desde a que, nunha noite despexada, poden verse ao lonxe as luces de Beijing.