Simbiose en R Aquarii


Créditos da imaxe: raios X – NASA,CXC,SAO, R. Montez et al.; Visual – Adam Block, Mt. Lemmon SkyCenter, U. Arizona
Explicación: R Aquarii, estrela variable a simple vista recoñecida desde hai moito tempo, é realmente un sistema estelar binario en interacción, dúas estrelas que semellan ter unha relación achegada e simbiótica. A uns 710 anos luz de distancia, consiste nunha estrela xigante vermella e fría e unha estrela anana branca quente e densa, en órbita mutua ao redor do seu centro de masas común. A luz visible do sistema binario está dominada pola xigante vermella, unha estrela variable de tipo Mira de periodo longo. Pero o material da estensa envoltura da estrela xigante fría é empurrado pola gravidade sobre a superficie da anana branca máis pequena e densa, desencadeando ao final unha explosión termonuclear e botando material ao espazo. Os datos da imaxe visual (en vermello) amosa o anel de refugallos en expansión calma orixinado por un estoupido que tería sido a comezos dos anos 1770. A evolución dos acontecementos de emisión de alta enerxía polo sistema R Aquarii, menos comprendidos, están a seren monitorizados desde 2000 empregando o observatorio Chandra de raios X, datos en azul. O campo de vista composto ten menos dun ano luz de diámetro á distancia estimada para R Aquarii.