A súper-burbulla N44


Créditos da imaxe e copyright: Gemini Obs., AURA, NSF
Explicación: que creou este burato xigante? A enorme nebulosa de emisión N44 da nosa galaxia veciña a Gran Nube de Magallanes ten un gran burato de 250 anos luz e os astrónomos están tentando averiguar por que. Unha posibilidade está nos ventos de partículas expulsados polas estrelas masivas do interior da burbulla que están a empurrar o gas brillante. Porén, atopouse que esta resposta era inconsistente coas velocidades medidas para o vento. Outra posibilidade é que as capas en expansión de supernovas antigas esculpiran a estraña caverna espacial. Unha pista imprevista de raios X emitidos por gas quente detectouse recentemente fuxindo da súper-burbulla N44. A imaxe publicada foi tirada en tres cores moi específicas polo enorme Telescopio Gemini Sur de 8 metros sobre Cerro Pachón en Chile.