A cadea de Markarian ata Messier 64


See Explanation. Moving the cursor over the image will bring up an annotated version. Clicking on the image will bring up the highest resolution version available.

Créditos da imaxe e copyright: Rogelio Bernal Andreo (Deep Sky Colors)
Explicación: de arriba abaixo, este amplo mosaico telescópico cheo de cor enlaza a cadea de Markarian de galaxias ao través do núcleo do cúmulo de Virgo ata a poeirenta galaxia espiral Messier 64. As galaxias espállanse polo campo de vista que abarca unhas 20 lúas cheas nun espectacular ceo nocturno. O cadro cósmico tamén está cheo de estrelas en primeiro plano das constelacións Virgo maila enfeitada Coma Berenices, e as nebulosas tenues e poeirentas á deriva por riba do plano da Vía Láctea. Olla de vagar aos ollos de Markarian. A famosa parella de galaxias en interacción está preto da parte superior, non lonxe de M87, a galaxia elíptica xigante do cúmulo de Virgo. No fondo, podes mirar de fite a Messier 64, coñecida tamén como a galaxia Ollo Negro. O cúmulo Virgo é o cúmulo galáctico grande máis preto do noso propio grupo local de galaxias. As galaxias do cúmulo Virgo están a unha distancia duns 50 millóns de anos luz, pero M64 atópase a só 17 millóns de anos luz de distancia.