Verán no Titán setentrional


Créditos da imaxe: Cassini Imaging Team, SSI, JPL, ESA, NASA
Explicación: mentres o solsticio de onte traía o verán ao hemisferio norte do planeta Terra, un solsticio de verán setentrional chegaba ao planeta dos aneis Saturno hai case un mes, o 24 de maio. Seguindo as estacións saturnianas, a súa gran lúa Titán foi captada nesta imaxe do 9 de xuño pola sonda espacial Cassini. A imaxe no infravermello achegado atopa nubes brillantes de metano vagando polos ceos do verán setentrional de Titán tal e como se ve desde unha distancia duns 507 000 quilómetros. Por baixo das nubes de Titán, os escuros lagos de hidrocarburos estrícanse preto do polo norte da gran lúa agora alumeado.