Un reloxo de Sol que amosa o solsticio


Créditos da imaxe e copyright: Jean-Marc Mari
Explicación: que día é? Se o día (maila hora) son correctos, este reloxo de sol diracho: o SOLSTICIO. Só entón estará o noso Sol situado no lugar xusto para que a luz solar flúa polas aperturas e soletree o termo dos días máis longo e curto do ano. Pero isto acontecerá hoxe (e de novo en decembro). O reloxo de sol foi construído por Jean Salins en 1980 e está situado na Ecole Supérieure des Mines de París en Valbonne Sophia Antipolis no surleste de Francia. Noutros días do ano, os observadores deste reloxo de sol serían quen de ollalo producir outra palabra: EQUINOCCIO.