As estrelas masivas de Westerlund 1


Créditos da imaxe: ESA/Hubble e NASA
Explicación: o cúmulo estelar Westerlund 1 é o fogar dalgunhas das estrelas máis grandes e masivas que se coñecen. Está encabezado pola estrela Westerlund 1-26, unha estrela superxigante vermella tan grande que se estivese no centro do noso Sistema Solar estricaríase ata pasar a órbita de Xúpiter. Ademais, o cúmulo de estrelas novas alberga outras 3 superxigantes vermellas, 6 estrelas hiperxigantes amarelas, 24 estrelas Wolf-Rayet e varias estrelas aínda máis estrañas que seguen a ser estudiadas. Westerlund 1 está relativamente preto para ser un cúmulo estelar cos seus 15 000 anos luz de distancia, dándolle aos astrónomos un bo laboratorio para o estudo do desenvolvemento de estrelas masivas. A imaxe publicada de Westerlund 1 foi tomada polo Telescopio Espacial Hubble cara a constelación meridional de Altar (Ara). Aínda que clarificado na actualidade coma un “súper” cúmulo aberto, Westerlund 1 pode evolucionar a un cúmulo globular de menor masa durante o vindeiro mil millóns de anos.