Eclipse atravesando Norteamérica: vídeo co camiño predito



Créditos do vídeo: NASA GSFC‘s Scientific Visualization Studio; datos de Blue Marble cortesía de Reto Stöckli (NASA/GSFC)
Explicación: onde estarás durante a eclipse que atravesará Norteamérica? O 21 de agosto a sombra da Lúa cruzará os EUA continentais por primeira vez desde 1979. O camiño predito, unha certidume proporcionada polo coñecemento astronómico moderno, amósase no vídeo publicado pola NASA. A maior parte da xente dos EUA terá un día de coche deica o camiño da eclipse total solar, mentres que o resto de Norteamérica ollará unha eclipse solar parcial. No camiño da totalidade, con ceos abondo claros, a Lúa bloqueará o Sol provocando unha arrepiante escuridade tan longa coma 2 minutos e 40 segundos. Se estás interesado en asistir a unha festa da eclipse pregámoste que contactes coa túa sociedade astronómica afeccionada local, centro de ciencia, parque ou universidade para ver se xa están a planificar algunha. Algúns cazadores de eclipses viaxaron ata a fin do mundo para ollar unha eclipse total solar e polo camiño rexistraron moitas historias de entretidas aventuras.