Mencer lunar en Manhattan


Créditos da imaxe e copyright: Stan Honda
Explicación: unha Lúa chea erguíase mentres o Sol se puña o 9 de xuño, chamada nalgures coma unha Lúa de Amorodo. Preto do horizonte e tomando unha cor morna pola luz solar filtrada ao través dunha atmosfera densa e poeirenta, o disco lunar completamente alumeado posa co rañaceos ao longo do perfil urbano da Manhattan meridional, nesta instantánea con teleobxectivo. A fotografía foi tomada desde a reserva Eagle Rock, un parque en West Orange, New Jersey, planeta Terra. Iso son uns 21 quilómetros desde Manhattan sur e uns 386 000 quilómetros desde a Lúa. As fachadas do primeiro plano das torres modernas de aceiro e vidro comparten a cor cálida pola reflexión das últimas raiolas do solpor. O máis alto, coa faceta triangular brillando, é o centro One World Trade da cidade de Nova York.