Saturno na Vía Láctea


Créditos da imaxe e copyright: Mohammad Nouroozi
Explicación: Saturno está preto da súa oposición no ceo do planeta Terra. Ao saír no solpor e brillar intensamente durante a noite, tamén se atopa preto dunha liña de visión ateigada de campos estelares, nebulosas e nubes de po escuro ao longo da Vía Láctea. O abrancazado Saturno está por riba e á esquerda do centro desta espectacular paisaxe celeste da Vía Láctea central, un mosaico de dous paneis rexistrado a comezos desde mes. Podes atopar o planeta brillante sobre a cazoleta da poeirenta nebulosa da Pipa, e xusto máis alá do final dun río escuro ata Antares, a estrela alfa da constelación Scorpius. Aínda que polo momento as mellores vistas do planeta xigante anelado proceden da nave espacial Cassini que orbita a Saturno. A órbita número 8 do Gran Final da Cassini, que afondará máis preto do planeta, está agora en progreso.