Orbitando Xúpiter



Créditos do vídeo e licenza: NASA, Juno, SwRI, MSSS, Gerald Eichstadt, Sean Doran
Explicación: como sería orbitar Xúpiter? O espectacular vídeo publicado amosa xusto isto e fíxose a partires de imaxes tiradas pola nave espacial Juno da NASA, que actualmente anda a orbitar ao xigante xoviano. Juno completou recentemente o seu sexto pase preto de Xúpiter durante a súa órbita elíptica de seis semanas. Cando comeza o vídeo secuencia, as bandas de nubes escuras e claras alternas pasaban por baixo da nave espacial mentres se achegaba ao polo sur de Xúpiter. Estas nubes conteñen texturas complexas que inclúen remuíños, tornados, óvalos e grandes nubes que non teñen un análogo directo na Terra. Mentres a sonda pasa por riba de Xúpiter, emerxen novos deseños de nubes carentes de bandas longas pero de novo ricas en remuíños e óvalos extraterrestres. Durante os vindeiros anos, Juno continuará a orbitar e explorar Xúpiter, determinando a abundancia de auga atmosférica e tentando definir se Xúpiter ten unha superficie sólida por baixo destas nubes fascinantes.