O caso da estrela desaparecida


Créditos da imaxe: NASA, ESA, Hubble, C. Kochanek (OSU)
Explicación: que lle pasou á estrela xigante N6946-BH1? Estaba aí hai só uns poucos anos; o Hubble fotrografáraa. Agora fica só un brillo tenue. O máis curioso, non ocorreu ningunha supernova brillante; aínda que a estrela brillou máis durante uns poucos meses. A teoría principal é que, cunhas 25 veces a masa do noso Sol, a gran gravidade de  N6946-BH1 mantivo gran parte da estrela unida durante o seu tempestuoso e derradeiro estertor, despois do que a maior parte da estrela se afundiu nun burato negro por si mesma. De ter sido así, entón parte do que ficara no exterior do burato negro probablemente formou de seguido un disco de acreción que emite luz infravermella, comparativamente tenue, mentres xira ao redor antes de caer nel. Se este modo de morte estelar se confirmara con coutras estrelas aportaría evidencia directa de que unha estrela moi masiva pode rematar a súa vida cun salouco en vez de cun estourido.