Paso polo perixove


Créditos da imaxe: NASA, Juno, SwRI, MSSS, Gerald Eichstadt, Sean Doran

Explicación: o 19 de maio a nave espacial abalou de novo por Xúpiter no día 53 da súa órbita circular ao redor do xigante gasoso que domina o Sistema Solar. Comezando na parte superior, esta secuencia vertical de recadros de imaxes da JunoCam en cores salientadas segue a perspectiva rapidamente cambiante da sonda espacial durante as súas dúas de pasaxe. Miran abaixo cara rexión polar norte de Xúpiter, a zona ecuatorial e a rexión polar sur (imaxes do fondo). Co campo de visión reducíndose, as imaxes sétima e oitava da secuencia son primeiros planos. Tiradas a só 4 minutos de pasar por riba do ecuador de Xúpiter foron captadas xusto antes de que a nave espacial acadase o perixove 6, o seu achegamento máis próximo a Xúpiter nesta órbita. As imaxes finais da secuencia recollen os sistemas tormentosos de óvalos brancos, a “cadea de pérolas”, de Xúpiter, e a rexión polar sur nave espacial saíndo cara fóra.