NGC 7814: o Pequeno Sombreiro de Pegasus


Créditos da imaxe e copyright: CHART32 Team, Procesado – Johannes Schedler
Explicación: apunta o teu telescopio cara a constelación de altos voos de Pegasus e poida que atopes esta extensión de estrelas da Vía Láctea e galaxias afastadas. O fermoso campo de vista, dominado por NGC 7814, sería cuberto case por unha lúa chea. NGC 7814 é chamada ás veces o Pequeno Sombrero (N.T.: en castelán no orixinal) pola súa semellanza coa máis brillante e famosa M104, a galaxia Sombrero. Ámbolos dous “Sombreros” son galaxias espirais vistas de canto, e as dúas teñen halos grandes e vultos centrais cortados por un disco delgado con corredores de po delgados en silueta. De feito, NGC 7814 está a uns 40 millóns de anos luz de distancia e estímase que ten uns 60 000 anos luz de diámetro. En realidade, iso fai que o Pequeno Sombrero teña aproximadamente o mesmo tamaño físico que a súa homónima mellor coñecida, parecendo máis pequena e feble só por estar máis afastada. As galaxias ananas moi tenues, satélites potenciais de NGC 7814, foron descubertas en exposicións fondas do Pequeno Sombrero.