Tormenta de lóstregos móvese polos EUA



Créditos da imaxe: NOAA, NASA, Lockheed Martin, GOES-16, GLM
Explicación: olla unha enorme tormenta de lóstregos movéndose polo leste dos EUA. A gran tormenta provocou moitos danos e desafortunadamente algunhas perdas humanas durante o seu traxecto. Vista desde o espazo, os lóstregos vense coma flashes momentáneos no vídeo secuencia publicado que se rexistrou o mes pasado polo Geostationary Lightning Mapper (GLM ou Cartografador Xeoestacionario de Lóstregos) a bordo do satélite GOES-16. O perfil de Norteamérica é máis evidente polo día, mentres que os brillantes alustros destacan máis pola noite. Unha ollada ao vídeo amosa que gran parte dos lóstregos ocorreron no bordo dianteiro da enorme cola da tormenta xiratoria. Como a miúdos os lóstregos preceden un impacto máis violento da tormenta, os datos dos alustros do GLM prometen axudar a reducir o dano persoal das tormentas futuras.