O planeta Aurora


Créditos da imaxe: Scott Kelly, Expedición 44, NASA
Explicación: que estraño planeta extraterrestre é este? É o planeta Terra, por suposto, visto desde a Estación Espacial Internacional ao través do brillo resplandecente das auroras. Uns 400 quilómetros por riba da Terra, a propia estación orbital están no interior do eido superior das exhibicións das auroras. As auroras teñén a signatura das cores das moléculas e átomos excitados nas densidades baixas atopadas a altitudes extremas. A emisión do osíxeno atómico domina esta imaxe. O arrepiante brillo é verde a altitudes máis baixas, pero unha franxa avermellada máis rara esténdese por riba do horizonte da estación espacial. Esta mostra auroral, visible tamén desde a superficie do planeta, comezou durante unha tormenta xeomagnética. A tormenta foi desencadeada despois dunha exección de masa coronal que impactou a magnetosfera da Terra en xuño de 2015.