M13: o Gran Cúmulo Globular de Hércules


Créditos da imaxe e copyright: Adam Block, Mt. Lemmon SkyCenter, U. Arizona
Explicación: en 1716, o astrónomo inglés Edmond Halley anotou, “Isto non é máis que unha pequena mácula, pero móstrase incluso a ollo nu, cando o ceo está quedo e a Lúa ausente”. Por suposto que M13 se recoñece agora modestamente coma o Gran Cúmulo Globular de Hércules, un dos cúmulos globulares de estrelas máis brillante do ceo setentrional. As imaxes telescópicas desvelan os espectaculares centos de milleiros de estrelas do interior. A unha distancia de 25 000 anos luz, as estrelas do cúmulo ateigan unha rexión de 150 anos luz de diámetro. Achegándose cara a parte superior do núcleo do cúmulo hai 100 estrelas que poderían conterse xusto nun cubo de 3 anos luz de cara. En comparación, a estrela máis próxima ao Sol está a uns 4 anos luz de distancia. Xunto co denso núcleo do cúmulo, as zonas exteriores de M13 están salientadas nesta definida imaxe en cor. As evolucionadas estrelas xigantes azuis e vermellas do cúmulo fachendean agora de tons amarelados e azuis.