UGC 1810: galaxia interaccionando salvaxemente desde o Hubble


Créditos da imaxe: NASA, ESA, Hubble, HLA; Procesado e copyright: Domingo Pestana
Explicación: que lle está a pasar a esta galaxia espiral? Aínda que non se coñecen os detalles, seguramente ten que ver cunha batalla en curso co seu veciño galáctico máis pequeno. A galaxia da publicación está etiquetada coma UGC 1810 ela soa, pero xunto co seu compañeiro de colisión coñécense coma Arp 273. Posiblemente a forma global de UGC 1810 (en concreto o seu anel azul máis exterior) é un resultado das interaccións gravitationais violentas e salvaxes. Esta cor azul do anel está provocada polas estrelas masivas que son azuis e cálidas e que se formaron só nos últimos millóns de anos. A galaxia máis interna semalla máis vella, avermellada e enfiada con po filamentario frío. Unhas poucas estrelas brillantes aparecen ben no primeiro plano, sen relación con UGC 1810, mentres que se poden ver varias galaxias no fondo. Arp 273 atópase a uns 300 millóns de anos luz de distancia cara a constelación de Andrómeda. É bastante probable que UGC 1810 devore ao seu secuaz galáctico durante os vindeiros milleiros de millóns de anos e se asente nunha forma espiral clásica.