Ogunquit, antiga praia marciana


Créditos da imaxe: NASA, JPL-Caltech, MSSS;
Explicación: isto foi noutrora unha praia, no antigo Marte. A panorámica de 360 graos publicada, comprimida horizontalmente, foi tirada polo todoterreo automático Curiosity que na actualidade está a explorar o planeta vermello. Denominada praia Ogunquit polo súa homóloga terrestre, a evidencia amosa que nun momento hai moito tempo a zona estaba baixo a auga, mentres que outras veces foi a beira dun antigo lago. O cumio claro na parte media do fondo é a parte superior do monte Sharp, o accidente central do cráter Gale onde o Curiosity foi despregado. O Curiosity está a ascender paseniñamente ao monte Sharp. Partes das areas escuras do primeiro plano recolléronse para a súa análise. O leito de rocha de cores claras está composto de sedimentos que probablemente se asentaron no fondo do leito dun lago agora enxoito. A panorámica publicada (aquí unha versión interactiva) creouse a partires dunhas 100 imaxes adquiridas a finais de marzo e aparentemente asinounas o todoterreo abaixo á esquerda. Agora, o Curiosity está a cruzar con coidado as fondas e grandes ondas de areas escuras no seu camiño para explore a crista Vera Rubin.