O ollo do touro e a Lúa moza


Créditos da imaxe e copyright: Giorgia Hofer
Explicación: Aldebarán, o ollo de Taurus o Touro, e un pequeno crecente da Lúa compartían as primeiras horas do ceo do serán o venres pasado. A adorable parella celeste puido gozarse ao redor de todo o planeta Terra, pero desde algúns lugares a Lúa foi vista pasando incluso por diante de Aldebarán, unha ocultación lunar emocionante da brillante e familiar estrela. Esta paisaxe celeste, tirada ao caer a noite do 28 de abril, capta a Aldebarán pouco despois de que emerxera desde detrás do brillante limbo lunar. No primeiro plano están os cumios escarpados das montañas Dolomitas preto de Laggio di Cadore, Italia. Antes de reaparecer máis alá do crecente alumeado polo Sol, Aldebarán deu a primeira chiscadela por tras do brillo cincento da Lúa, a parte escura lunar alumeada tenuemente polo brillo terrestre.