Estrela de neutróns arrefriándose

Créditos da imaxe: raios X: NASA/CXC/UNAM/Ioffe/D.Page, P. Shternin et al; visual: NASA/STScI;
Ilustración: NASA/CXC/M. Weiss
Explicación: a fonte brillante preto do centro é unha estrela de neutróns, os refugallos colapsados e incriblemente densos dun núcleo estelar masivo. Ao redor está o remanente de supernova Cassiopeia A (Cas A), a uns cómodos 11.000 anos luz de distancia. A luz procedente da supernova Cas A, a morte explosiva dunha estrela masiva, chegou por vez primeira á Terra hai uns 350 anos. A nube de restos en expansión abarca uns 15 anos luz nesta imaxe composta de raios X/visual. A estrela de neutróns Cas A, aínda non abondo quente para emitir raios x, está a arrefriarse. De feito, anos de observacións desde o observatorio de raios X Chandra atoparon que a estrela de neutróns está a arrefriarse rapidamente; tan axiña que os investigadores sospeitan que unha parte grande do núcleo da estrela de neutróns está a formar un superfluído de neutróns sen fricción. Os resultados do Chandra representan a primeira evidencia observada deste estado estraño da materia neutrónica.