
Créditos da imaxe e copyright: Dario Giannobile Explicación: o
monte Etna estivo entrando en erupción durante centos de milleiros de anos. Situado en en
Sicilia (
Italia),
o volcán produce fontes de lava dun quilómetro de altura. O
monte Etna non é só un dos
volcáns máis activos da
Terra, é un dos máis grandes, medindo uns 50 quilómetros na súa base e erguéndose a unha altura de case 3 quilómetros. Na
fotografía de mediados de marzo, sube un espectacular
penacho de lava e voan perigosas
bombas volcánicas fundidas polas abas, mentres os quentes fluxos de
lava caen polo exterior do volcán. A
rotación terrestre distínguese polos
ronseis estelares nesta
imaxe de longa duración,
feita coidadosamente baixo o luar.