Unha cola iónica dividida no cometa Lovejoy E4


Créditos da imaxe e copyright: Fritz Helmut Hemmerich
Explicación: que lle está a acontecer ao cometa Lovejoy? Na fotografía publicada captouse ao cometa a comezos deste mes despois de brillar de xeito inesperado e amosar unha longa e intrincada cola iónica. De maneira destacada, o efecto do vento mailo campo magnético solares fixeron que o medio da cola iónica do cometa Lovejoy lembre á cabeza dunha agulla. O cometa C/2017 E4 (Lovejoy) foi descuberto aínda o mes pasado polo notable descubridor de cometas Terry Lovejoy. O cometa acadou a magnitude visual 7 a comezos deste mes, convertíndoo nun bo obxectivo para prismáticos e cámaras de longa duración. O que lle pasou ao cometa Lovejoy (E4) desde que se tirou esta imaxe podería ser considerado aínda máis destacado; o núcleo do cometa semellou estar a desintegrarse e atenuarse mentres se achegaba á súa maior aproximación ao Sol hai dous días.