Créditos da imaxe: NASA, ESA, Hubble, HLA; reprocesados e copyright: Jesús M.Vargas & Maritxu PoyalExplicación: ata que punto pode tecerse unha
nebulosa planetaria coma unha
rede enleada. A
nebulosa planetaria da Araña Vermella amosa a complexa estrutura que pode resultar cando unha
estrela normal expulsa os seus gases máis externos e se convirte nunha estrela
anana branca. Esta
nebulosa planetaria simétrica con dous lóbulos, etiquetada oficialmente coma
NGC 6537, alberga unha das
ananas brancas máis quentes nunca antes observadas, probablemente coma parte dun sistema
estelar binario. Os
ventos internos que emanan desde as estrelas centrais, visibles no centro, foron medidos cunha velocidade superior aos 1000 quilómetros por segundo. Estes
ventos estenden a nebulosa, flúen ao longo das paredes nebulares e provocan que as ondas do
gas e
po quentes colisionen. Os
átomos atrapados nestes choques irradian luz que se amosa en cores representativos na imaxe superior do
telescopio espacial Hubble. A
nebulosa da Araña Vermella atópase cara a
constelación do Arqueiro (
Sagittarius). A súa distancia non se coñece ben pero
estimouse por algúns que están nuns 4.000
anos luz.