Dous millóns de estrelas en movemento



Créditos do vídeo: ESA, Gaia, DPAC
Explicación: se puideras ollar o ceo nocturno durante un millón de anos; como cambiaría? Deixando de lado os efectos locais provocados polo xiro da Terra e a reorientación da inclinación do eixo terrestre, as propias estrelas moveranse. Combinando os datos posicionais cunha precisión sen precedentes de dous millóns de estrelas tomados durante anos polos satélites orbitais Hipparcos (agora morto) e Gaia da ESA, fíxose unha extrapolación futura dos movementos estelares por millóns de anos. Como se amosa no vídeo publicado, moitas estrelas só fan pequenos axustes angulares, pero algunhas (normalmente aquelas máis achegadas) atravesan a fume de carozo o ceo. No seu momento as constelacións e asterismos familiares volveranse irrecoñecibles canto as estrelas brillantes que as formaban se teñan movido. Non se amosan as numerosas nebulosas locais que seguramente se disiparán mentres probablemente outras novas se formarán en lugares diferentes. Quizais os futuros habitantes da Terra aínda serán quen de recoñecer a banda central da nosa galaxia da Vía Láctea, algo moi reconfortante.