O luminoso salar de Uyuni


Créditos da imaxe e Copyright: Stephanie Ziyi Ye
Explicación: unha escena de alto contraste, esta paisaxe celeste nocturna ensoñadora  é unha composición moderna inspirada na litografía Mar Fosforescente de M. C. Escher. Nela, as brillantes estrelas familiares de Orión o Cazador e Aldebarán, o ollo de Taurus o Touro, pendurando dos ceos claros e escuros por riba do horizonte afastado. Por baixo, os bordos feblemente luminosos perfilan unha constelación sobrenatural de patróns de lama con codia mineral ao longo da chaira salgada de Uyuni ao suroeste de Bolivia. A planicie salgada de Uyuni, Salar de Uyuni, refugallos dun lago antigo, é a chaira salgada máis grande do planeta Terra, localizada no altiplano boliviano a unha altitude duns 3.600 metros. A litografía de Escher de 1933 tamén representaba estrelas familiares da noite terrestre, enmarcando o Setestrelo ou Carro Maior por riba das ondas rompendo nunha costa máis setentrional.