A sombra da Terra sobre Damavand


Créditos da imaxe e copyright: Majid Ghohroodi
Explicación: ao través dos ceos claros e cristalinos esta fermosa panorámica segue a curva da sombra da Terra erguéndose ao través do cumio do mundo. A abraiante imaxe do crepúsculo está composta a partires de oito tomas individuais captadas desde 4.000 metros de altura sobre o nivel do mar ao solpor do 6 de abril. Xusto por riba da fronteira da sombra terrestre, de cor gris escura, atópase un arco tenue, rosado e anticrepuscular. Coñecido tamén coma o cinto de Venus, a luz solar avermellada e esparexida cara atrás xúntase ao final co ceo leste aínda azul. Preto do centro e ergueito ao longo da escarpada liña do horizonte está o cumio afastado do monte Damavand nas nevadas montañas Alborz. Personaxe da mitoloxía e literatura persas, Damavand é un estratovolcán que chega aos 5.610 metros por riba do nivel do mar, o cumio máis alto de Irán e o Oriente medio.