O trío de Leo


Créditos da imaxe e copyright: Ignacio Diaz Bobillo
Explicación: este grupo é popular na primavera setentrional. As tres galaxias magníficas, famosas como o triplete de Leo, xúntanse no mesmo campo de vista. Un gozo aínda cando se fotografía con telescopios modestos, poden presentarse individualmente coma NGC 3628 (esquerda), M66 (abaixo dereita) e M65 (arriba). Todas elas son grandes galaxias espirais pero tenden a parecer diferentes porque os seus discos galácticos abalan en ángulos diferentes na nosa liña de visión. NGC 3628 vese de canto, con corresdores escuros de po cortando o plano da gaxia, mentres que ámbolos dous discos de M66 e M65 están inclinados abondo para fachendear da súa estrutura espiral. As interaccións gravitacionais entre as galaxias do grupo tamén deixaron signos desveladores, incluíndo o disco retorto e inflado de NGC 3628 e os alongados brazos espirais de M66. Esta imaxe excepcional da rexión abarca máis ou menos un grao (dúas lúas cheas) no ceo. O campo cobre uns 500 milleiros de anos luz á distancia estimada do trío de 30 millóns de anos luz.