Home, can, Sol

Créditos da imaxe e copyright: Jens Hackmann
Explicación: supúñase que ía ser unha fotografía de tres árbores por diante do solpor. Pero, ás veces, o inesperado vólvese fotoxénico. Durante algunhas fotos programadas, un home camiñando co seu can cruzou de súpeto polo bordo. O resultado foi tan impactante que, despois de axustala, convertiuse na imaxe principal. A razón pola que o Sol aparece tan grande é que a fotografía tirouse desde un quilómetro de distancia mediante un teleobxectivo. A difusió da luz azul pola atmosfera da Terra fai que a parte inferior do Sol semelle lixeiramente máis vermella cá superior. Tamén, se miras de preto ao Sol, xusto por riba da cabeza do home, pode verse un grangrupo de manchas solares. A imaxe tomouse xusto a semana pasada en Bad Mergentheim, (Alemania).