Gas de cúmulo galáctico crea un burato no fondo de microondas


Créditos da imaxe: ALMA (ESO/NAOJ/NRAO), Kitayama et al., NASA/ESA Hubble Space Telescope
Explicación: por que furaría este cúmulo de galaxias un burato no fondo cósmico de microondas (CMB)? Ao primeiro, o famoso CMB creouno o gas arrefriado no universo temperán e espállase ao través da maior parte do gas e po do universo. Está todo ao noso redor. Os grandes cúmulos de galaxias teñen gravidade abondo para conter moito gas quente; gas abondo quente para esparexer máis os fotóns de microondas en luz con enerxía significativamente máis alta, creando polo tanto un burato nos mapas de CMB. Este efecto Sunyaev–Zel’dovich (SZ) empregouse durante décadas para desvelar información nova sobre o gas quente dos cúmulos e incluso para axudar no descubrimento de cúmulos galácticos nun xeito uniforme e sinxelo. No cadro superior está a imaxe máis detallada obtida ata o de agora do efecto SZ, empregando tanto o ALMA para medir o CMB coma o Telescopio Espacial Hubble para medir as galaxias do cúmulo galáctico masivo RX J1347.5-1145. As cor azul asignada representa a luz do CMB, mentres que case todos os obxectos amarelos son galaxias. A forma do burato SZ indica que nesta cúmulo non hai presente só gas quente senón que tamén está distribuído un xeito abraiantemente irregular.