O cometa Hale-Bopp sobre o paso de Valparola


Créditos da imaxe e copyright: A. Dimai, (Col Druscie Obs.), AAC
Explicación: o cometa Hale-Bopp, o gran cometa de 1997, chegou a ser moito máis brillante cás estrelas do arredor. Foi visto incluso por riba das brillantes luces da cidade. Porén, lonxe do alumeado, chegou a ser espectacular. Aquí o cometa Hale-Bopp foi fotografado por riba do paso de Valparola nas montañas Dolomitas ao redor de Cortina d’Ampezzo, (Italia). A cola iónica azul do cometa Hale-Bopp formada por ions do núcleo cometario, é empurrada polo vento solar. A cola de po branca está composta de partículas máis grandes de po procedentes do núcleo dirixidas pola presión da luz solar, que orbita por tras do cometa. O cometa Hale-Bopp (C/1995 O1) ficou visible a simple vista durante 18 meses; máis tempo ca calquera outro cometa da historia. Este ano marca o vixésimo aniversario do último cometa Comet Hale-Bopp ao Sistema Solar interior. Agárdase que o gran cometa volte ao redor do ano 4385.