Zeta Oph: estrela fuxidía


NASA, JPL-Caltech, Telescopio Espacial Spitzer
Explicación: coma un barco sucando ao través dos mares cósmicos, a estrela fuxidía Zeta Ophiuchi produce unha onda interestelar arqueada ou onda de choque que se neste espectacular retrato en infravermellos. Na imaxe en cores falsas, a azulada Zeta Oph, unha estrela unhas 20 veces máis masiva có Sol, atópase preto do centro do cadro, movéndose cara a esquerda a 24 quilómetros por segundo. O seu forte vento estelar a precede, comprimindo e quentando o poeirento material interestelar e curvando a fronte de onda. Que mantén esta estrela en movemento? Probablemente Zeta Oph foi noutrora un membro dun sistema estelar binario, a súa estrela compeñeira era máis masiva e por tanto de vida máis curta. Cando a compañeira explosionou coma unha supernova perdendo masa de xeito catastrófico, Zeta Oph foi expulsada do sistema. A uns 460 anos luz de distancia, Zeta Oph é 65.000 veces máis luminosa có Sol e sería unha das estrelas máis brillantes do ceo se non estivera arrodeada de po escurecedor. A imaxe abarca uns 1,5 graos ou 12 anos luz á distancia estimada de Zeta Ophiuchi.