Filamentos da galaxia activa NGC 1275


Créditos da imaxe: Hubble Legacy Archive, ESA, NASA; Procesado e copyright: Domingo Pestana
Explicación: que mantén estes filamentos unidos á esta galaxia? Os filamentos persisten en NGC 1275 aínda que a lea das colisións galácticas debera destruílos. Primeiro, a galaxia ctiva NGC 1275 é o membro central e dominante do grande e relativamente achegado cúmulo de galaxia Perseus. De aspecto salvaxe en lonxitudes de onda do visible, a galaxia activa tamńe é unha fonte prodixiosa de emisión de raios X e radio. NGC 1275 acreta materia cando as galaxias enteiras caen ao seu interior, alimentando ao fin ao burato negro supermasivo do núcleo galáctico. Esta imaxe composta, recreada a partires de datos de arquivo do Telescopio Espacial Hubble, salienta os refugallos galácticos resultantes mailos filamentos de gas brillante, algúns de ata 20.000 anos luz de lonxitude. As observacións indican que as estruturas, botadas desde o centro da galaxia pola actividade do burato negro, mantéñense xuntas polos campos magnéticosNGC 1275, coñecida tamén coma Perseus A, abrangue uns 100.000 anos luz e atópase a uns 230 millóns de anos luz de distancia.