Ronsel de avión e halo solar

Créditos da imaxe e copyright: Alexandros Maragos
Explicacion: que está a acontecer no ceo? Varios feitos do ceo diurno están a interaccionar de xeito pouco común. Ao primeiro, ben por tras dos outeiros perfilados, hai un Sol que brilla de xeito normal. Por diante do Sol hai nubes finas, posiblemente fogar dunha capa de cristais de xeo hexagonais que, xuntos, están a crear o halo de 22 graos de luz ao redor do Sol. A liña dobrada de xeito estraño que cruza a imaxe é un ronsel de condensación, un tipo de nube creada polo paso dunha aeronave. En realidade, gran parte do ronsel debe estar máis lonxe cá nube porque proxecta unha sombra sobre ela, dándolle unha cualidade tridimensional infrecuente á imaxe publicada. A fotografía superior foi tirada a finais de xaneiro na cidade de Patras en Grecia Occidental.