Saturno en infravermellos desde a Cassini

Créditos a imaxe: NASA, JPL-Caltech, SSI; Procesado: Maksim Kakitsev
Explicación: en luz infravermella, aparecen claramente moitos detalles de Saturno. As bandas de nubes amosan grandes estruturas, incluíndo tormentas estricándose moito. Tamén destaca bastante en infravermellos a estraña nube de forma hexagonal ao redor do polo norte de Saturno. Cada lado do hexágono escuro abrangue máis ou menos o tamaño da Terra. A existencia do hexágono non se prediciu e a súa orixe maila probable estabilidade segue a ser un tema de investigación. Os famosos aneis de Saturno circundan o planeta e proxectan sombras por baixo do ecuador. A imaxe publicada foi tirada pola sonda espacial Cassini en 2014 en varias cores infravermellas; pero só procesada recentemente. En setembro, a misión da Cassini será levada a un remate emocionante cando a nave espacial será dirixida a mergullarse no xigante de aneis.