NGC 602 e máis alá


Créditos da imaxe: raios X: Chandra: NASA/CXC/Univ.Potsdam/L.Oskinova et al;
Visual: Hubble: NASA/STScI; Infravermellos: Spitzer: NASA/JPL-Caltech
Explicación: preto das aforas da Pequena Nube de Magallanes, unha galaxia satélite a uns 200 anos luz de distancia, atópase o cúmulo estelar NGC 602, con 5 millóns de anos de idade. NGC 602 , arrodeado polo gas e po natais, amósase neste abraiante imaxe do Hubble da zona, aumentada por imaxes en raios X do Chandra e nos infravermellos do Spitzer. As fantásticas cristas e as amplas formas suxiren con forza que a potente radiación e as ondas de choque procedentes das estrelas novas masivas de NGC 602 erosionaron o material poeirento e desencadearon unha progresión de formación estelar que se está a mudar desde o centro do cúmulo. Á distancia estimada da Pequena Nube de Magallanes, a imaxe abarca uns 200 anos luz, pero tamén pode ollarse ao fondo unha sedutora escolma de galaxias nesta definida imaxe multicor. As galaxias do fondo están polo menos a centos de millóns de anos luz máis alá de NGC 602.